Charla de anime experimental en la Libraría Endo

Publicado en por Kenji

 

 

cartel-experimental.jpg

 

 

 

Serial Experiments estará dando unha charla na Libraría Endo este xoves día 31 de Marzo. A continuación poño o comunicado que a Libraría Endo publicou no seu blog.

 

 

"Chega ao final as Xornadas de achegamento ao manga e anime e o fan cunha charla sobre anime experimental e anime cyberpunk que terá lugar  este xoves 31 de Marzo ás 20:00h da tarde na Libraría Endo ( A Coruña - Rúa Entrepeñas, 41 Baixo) .

Para esta ocasión os encargados de facer un percorrido por ambos universos animados serán David Pazos de blog e colectivo Serial Experiments e Leandro Garibaldi (Gari) da Asociación Movemento Xove.


Nesta charla farase un repaso amplo sobre a animación experimetal xaponesa e falarese dos estudios máis famosos e os animadores que fan posible este tipo de animación tan pouco coñecido en España. Da mesma maneira Leandro Garibaldi adentrarse no mundo do manga e anime Cyberpunk, moi ligado tamén ao anime experimental. Proxectarase o primeiro capítulo do anime “Haibane Renmei” de Yoshitose Abe e unha curta que ao longo do día de hoxe desvelaremos.


En defitiva, unha máis que interesante charla na que se poderá descubrir ou redescubrir a animadores coma Koji Morimoto, Yoshitose Abe, Range Murata, Koji Yamamura, Masaaki Yuasa; estudios como Gainax, Madhouse, 4C; animes  e mangas coma Mononoke, Serial Experiments Lain, Evangelion, Ergo Proxy, Haibane Renmei, FLCL, Kino no tabi, Ursa minor Blue…

Se vos apatece pasar un rato entretido e coñecer o anime experimental e cyberpunk, non o dividedes, achegádevos a Libraría Endo."

 

 

 


 

Etiquetado en Serial Experiments

Comentar este post